Biblio "A Fada do Alba que nos libros anda"
viernes, 1 de noviembre de 2019
O samaín na biblioteca
Chegou o samaín a nosa
biblioteca
A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espazo de lectura da planta baixa.
Durante a mañá do luns e do martes tivemos a visita de dúas bruxas facendo lecturas máxicas de contos de medo.
martes, 29 de octubre de 2019
Inauguración no CEP Plurilingüe Igrexa Valadares
CONTOS con MÚSICA no CEP P. Igrexa- Valadares
O venres, 25 de outubro, estivemos de invitados na inauguración dun novo curso da Biblioteca Escolar dos compañeiros/as do cole de maiores.
Puidemos desfrutar cos nosos/as amigos/as de contos con música , baile e poemas.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o fixeron os alumnos/as da escola de primaria.
sábado, 26 de octubre de 2019
Día das Bibliotecas Escolares
24 DE OUTUBRO
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Esta data é moi importante para tódalas bibliotecas escolares, tamén para a nosa. A nosa biblioteca, xa está inaugurada dende primeiros do mes de outubro.
Quixemos celebrar a vida dos contos cos avós e avoas do Centro de Día D´Alba de Valadares, pois eles tamén teñen a súa biblioteca de libros e saben contar moitas historias que narraron aos nenos/as.
Ó chegar ao centro de maiores fumos recibidos por : Laura, Teresa, Martín, Pepe, Pepa , Lola, Eugenia, Carmen,Emilia, Juan,Maria, Victoria, Consuelo, Perfecta, Olga, José, Fina, Mérita, Hilario,Ángela, Gsutavo e Aurea, ademáis das compañeiras encargadas de atendelos e traballar con eles, cos que elaboramos un mural xigante de temática marina.
Compartimos un rato de merenda e o seu remate escoitamos as súas historias , contos e lendas.
Antes de marcharnos fixemos un photocoll interxeneracional e intercambiamos un agasallo para recordar esta data.
Moitas grazas as coidadoras e seguro que voltaremos.

jueves, 24 de octubre de 2019
Pegadas de conto
Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas
PEGADAS DE CONTO
Usando a literatura para traballar os contidos da aula
A campaña impórtanos é una campaña de sensibilización pormovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal o de promover a reflexión e o compromiso de todos e todas na consecución dun mundo máis xusto e sustentable.
Esa é a proposta dunha Educación para a Cidadanía Global que aposta pola formación de cidadáns e cidadás críticos e participativos que busquen dar respostas ética aos desafíos do mundo actual.
Cómo?
· Poñendo en valor a conexión entre o global e o local resaltando o carácter interdependente de ambas dimensións e insistindo nas interconexións entre pasado, presente e futuro.
· Espertando no alumnado a capacidade de ler a realidade , a curiosidade polo que sucede e a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas…
· E promovendo o compromiso para o cambio, a través de acción participativa (pensar globalmente, actuar localmente)
Pensamos que os contos poden ser, unha oportunidade para achegarse da man de Bea Campos, a esta temática.
Os contos:
Botade unha ollada ao ben que o pasamos, escoitando contos con música.
Contacontos científico
A PIRATA LOLA
Hoxe tivemos unha visita moi especial.
Hoxe tivemos unha visita moi especial.
Xabier, un gran amigo dos animais mariños e defensor dos mares limpos e sen plásticos, amosounos dentes de tiburón, ovos de tiburón, pel de serpe e ata unha cabeza de tiburón.
Carpeta de libro
Hoxe Martes 8 de Outubro, comezamos o servizo de préstamos de contos, libros, revistas... da Biblioteca da Fada do Alba.
Imos recordar en que consiste esta actividade semanal:
Cada Martes os Canguros, os Tigres e os Botóns, subirán a Biblioteca, escollendo un libro, conto, revista infantil... que máis lles guste.
Despois farán o rexistro no carnet da biblioteca: escribindo o título do libro, conto ou revista xunto co gomet correspondente segundo a nosa clasificación:
O libro, conto ou revista estará na vosa casa ata o seguinte Luns que deberá voltar a escola para poder escoller outro.
O equipo de Biblioteca, será o encargado de comprobar que cada neno/a devolve o libro e que non está estragado, os Botóns farán tamén o seu propio rexistro de entrega de libro, este curso son encargados de Biblioteca.
Ata o remate de cada trimestre o neno/a escollerá unha lectura para compartir coa súa familia e pasar un rato entretido coas aventuras, investigacións, persoaxes... e que logo pode compartir co resto dos compañeiros/as da aula.
Axudade ao voso fillo/a nesta gran aventura

Mochilas viaxeiras
.. Contos en Galego.
.. DVD´S sobre a vida no mar.
.. Libro de manualidades con reciclados.
.. Conto en Inglés.
.. Libro de investigación sobre un animal.
Recordade que tedes certas normas que cumprir:
- desfrutar desta mochila en compañia da vosa familia
- coidalos libros, películas e contos con agarimo
- a mochila permanecerá unha semana na vosa casa, logo tedes que devolvela a aula.
- se o contido desta mochila pérdese ou estrágase teño que falar coa titora para podelo arranxar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
O samaín na biblioteca
Chegou o samaín a nosa biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...
-
Durante o entroido, os botóns,elaboramos un libro viaxeiro onde tiñamos que disfrazar un botón coa axuda das nosas familias. As creació...
-
Chegou o samaín a nosa biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...
-
Este curso participamos na campaña "Nos tamén creamos", coa editorial OQO. A campaña consiste en facer un stopmotion a partir duns...