sábado, 26 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas Escolares

                                              24  DE  OUTUBRO

             DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Esta data é moi importante para tódalas bibliotecas escolares, tamén para a nosa. A nosa biblioteca, xa está inaugurada dende primeiros do mes de outubro.

Quixemos celebrar a vida dos contos cos avós e avoas do Centro de Día D´Alba de Valadares, pois eles tamén teñen a súa biblioteca de libros e saben contar moitas historias que narraron aos nenos/as.

Ó chegar ao centro de maiores fumos recibidos por : Laura, Teresa, Martín, Pepe, Pepa , Lola, Eugenia, Carmen,Emilia, Juan,Maria, Victoria, Consuelo, Perfecta, Olga, José, Fina, Mérita, Hilario,Ángela, Gsutavo e Aurea, ademáis das compañeiras encargadas de atendelos e traballar con eles, cos que elaboramos un mural xigante  de temática marina.

Compartimos un rato de merenda e o seu remate escoitamos as súas historias , contos e lendas.

Antes de marcharnos fixemos un photocoll  interxeneracional e intercambiamos un agasallo para recordar esta data.

Moitas  grazas as coidadoras  e seguro que voltaremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O samaín na biblioteca

  Chegou o samaín a nosa   biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...