lunes, 19 de noviembre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano para celebrar o día das bibliotecas escolares fixemos unha actividade en colaboración coa biblioteca do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. O día 24 de Outubro fomos ata a biblioteca,  Ariadna recibiunos e fixo unhas actividades connosco. Primeiro contounos un conto : "Os sete ratos cegos "



Despois fixemos obradoiros relacionados co conto.

1º OBRADOIRO:XOGAMOS A PITA CEGA
PARA ENTENDER O QUE LLES PASABA ÓS PROTAGONISTAS DO CONTO.




 

















2º OBRADOIRO: A BOLSA MISTERIOSA
 ADIVIÑA QUE HAI NA BOLSA?
















3º OBRADOIRO: CIRCUITO A CEGAS
CAMIÑAMOS SEN VER




4º OBRADOIRO: PINTA OS SETE RATOS CEGOS 
E O ELEFANTE








MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS  












lunes, 12 de noviembre de 2018

CONTACONTOS "CAMPAÑA IMPÓRTANOS"

Para comenzar este curso tivemos a sorte de ter connosco o grupo  de teatro "Migallas" que fixo unha sesión de contacontos para toda a escola. Alguns dos contos foron:




 









PASÁMOLO XENIAL, MOITAS GRAZAS POR VIR.

BENVIDOS A ESCOLA


Ola nenos e nenas:
Espero que tivésedes unha boas vacacións de verán. Eu fun de viaxe e atopei novos contos e xogos para ensinarvos. Seica este ano temos novos compis, a "clase dos tigres", dixéronme.... Canto medráchedes  "os botóns, as rás e os hipos"!!!
Espero que gocedes moito coas novas lecturas e vivamos novas aventuras xuntos.
 Estade moi atentos as novidades deste curso.

  A Fada do Alba
 a que nos libros anda.
         
       

domingo, 4 de noviembre de 2018

O CONTO DOS HIPOS

OS HIPOS DECIDIMOS FACER UN CONTO, INVENTAMOS A HISTORIA E  CON SOMBRAS REPRESENTÁMOLO. ESPERAMOS QUE VÓS GUSTE.




CONTOS:" A QUE SABE A LÚA"

 Os Hipos fixemos a nosa versión do conto " A que sabe a Lúa", despois o fotografiamos e grabamos coa nosa voz. Aquí poderes ver o resultado.

jueves, 31 de mayo de 2018

CONTO: O DISFRAZ DUN BOTÓN

Durante o entroido, os botóns,elaboramos un libro viaxeiro onde tiñamos que disfrazar un botón coa axuda das nosas familias.

As creacións foron tan bonitas que no mes de Abril decidimos crear un conto con esas imaxes.

O título que eleximos foi:

                              O DISFRAZ DUN BOTÓN

Aqui vos deixamos o noso conto, esperemos que disfrutedes ollándoo.




                  UN  POPURRI DE CONTO



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano para celebrar o día das bibliotecas escolares fixemos unha actividade en colaboración coa biblioteca do Centro Veciñal e Cultural d...