Hoxe Martes 8 de Outubro, comezamos o servizo de préstamos de contos, libros, revistas... da Biblioteca da Fada do Alba.
Imos recordar en que consiste esta actividade semanal:
Cada Martes os Canguros, os Tigres e os Botóns, subirán a Biblioteca, escollendo un libro, conto, revista infantil... que máis lles guste.
Despois farán o rexistro no carnet da biblioteca: escribindo o título do libro, conto ou revista xunto co gomet correspondente segundo a nosa clasificación:
O libro, conto ou revista estará na vosa casa ata o seguinte Luns que deberá voltar a escola para poder escoller outro.
O equipo de Biblioteca, será o encargado de comprobar que cada neno/a devolve o libro e que non está estragado, os Botóns farán tamén o seu propio rexistro de entrega de libro, este curso son encargados de Biblioteca.
Ata o remate de cada trimestre o neno/a escollerá unha lectura para compartir coa súa familia e pasar un rato entretido coas aventuras, investigacións, persoaxes... e que logo pode compartir co resto dos compañeiros/as da aula.
Axudade ao voso fillo/a nesta gran aventura
jueves, 24 de octubre de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O samaín na biblioteca
Chegou o samaín a nosa biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...
-
Durante o entroido, os botóns,elaboramos un libro viaxeiro onde tiñamos que disfrazar un botón coa axuda das nosas familias. As creació...
-
CONTOS con MÚSICA no CEP P. Igrexa- Valadares O venres, 25 de outubro, estivemos de invitados na inauguración dun novo c...
-
Chegou o samaín a nosa biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario