Esta data é moi importante para tódalas bibliotecas escolares, tamén para a nosa. A nosa biblioteca, xa está inaugurada dende primeiros do mes de outubro. Quixemos celebrar a vida dos contos cos avós e avoas do Centro de Día D´Alba de Valadares, pois eles tamén teñen a súa biblioteca de libros e saben contar moitas historias que narraron aos nenos/as. Ó chegar ao centro de maiores fumos recibidos por : Laura, Teresa, Martín, Pepe, Pepa , Lola, Eugenia, Carmen,Emilia, Juan,Maria, Victoria, Consuelo, Perfecta, Olga, José, Fina, Mérita, Hilario,Ángela, Gsutavo e Aurea, ademáis das compañeiras encargadas de atendelos e traballar con eles, cos que elaboramos un mural xigante de temática marina. Compartimos un rato de merenda e o seu remate escoitamos as súas historias , contos e lendas. Antes de marcharnos fixemos un photocoll interxeneracional e intercambiamos un agasallo para recordar esta data. Moitas grazas as coidadoras e seguro que voltaremos.
Historias que deixan pegadas nos nenose nenasque veñenescoitalas
PEGADAS DE CONTO
Usando a literatura para traballar os contidos da aula
A campaña impórtanos é una campaña de sensibilización pormovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal o de promover a reflexión e ocompromiso de todos e todas na consecución dun mundomáis xusto e sustentable.
Esa é a proposta dunha Educación para a Cidadanía Global que aposta pola formación de cidadáns e cidadás críticos e participativos que busquen dar respostas ética aos desafíos do mundo actual.
Cómo?
· Poñendo en valor a conexión entre o global e o local resaltando o carácter interdependente de ambas dimensións e insistindo nas interconexiónsentre pasado, presente e futuro.
· Espertando no alumnado a capacidade de ler a realidade , a curiosidade polo que sucede e a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas…
· E promovendo o compromiso para o cambio, a través de acción participativa (pensar globalmente, actuar localmente)
Pensamos que os contos poden ser, unha oportunidade para achegarse da man de Bea Campos, a esta temática.
Oscontos:
Botade unha ollada ao ben que o pasamos, escoitando contos con música.
A PIRATA LOLA Hoxe tivemos unha visita moi especial.
Xabier, un gran amigo dos animais mariños e defensor dos mares limpos e sen plásticos, amosounos dentes de tiburón, ovos de tiburón, pel de serpe e ata unha cabeza de tiburón.
Hoxe Martes 8 de Outubro, comezamos o servizo de préstamos de contos, libros, revistas... da Biblioteca da Fada do Alba. Imos recordar en que consiste esta actividade semanal: Cada Martes os Canguros, os Tigres e os Botóns, subirán a Biblioteca, escollendo un libro, conto, revista infantil... que máis lles guste. Despois farán o rexistro no carnet da biblioteca: escribindo o título do libro, conto ou revista xunto co gomet correspondente segundo a nosa clasificación:
O libro, conto ou revista estará na vosa casa ata o seguinte Luns que deberá voltar a escola para poder escoller outro. O equipo de Biblioteca, será o encargado de comprobar que cada neno/a devolve o libro e que non está estragado, os Botóns farán tamén o seu propio rexistro de entrega de libro, este curso son encargados de Biblioteca. Ata o remate de cada trimestre o neno/a escollerá unha lectura para compartir coa súa familia e pasar un rato entretido coas aventuras, investigacións, persoaxes... e que logo pode compartir co resto dos compañeiros/as da aula. Axudade ao voso fillo/a nesta gran aventura
Ola amigos/as da escola: Comezamos un novo curso que estará cheo de grandes aventuras,descubrimentos, lecturas máxicas e actividades moi diversas. Estou segura de que estivéchedes moi ocupados este verán coas vosas familias. Eu tamén estiven con moitos viaxes e aventuras, víchedes o bonita que deixamos a Biblioteca coa axuda das vosas profes?. Pouco a pouco imos creando novos espazos de xogo, de lectura, de investigación.... espero que esteades tan contentos coma estou eu.